Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 18 de xullo de 1997 Páx. 7.098

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (318/1995).

Eu, Francisco Javier Míguez Poxa, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 318/1995, por instancia de Proyectos y Estudios Galicia, S.L., representado pola procuradora Sánchez Silva, contra Justo Amaro Merelles e Constantino Álvaro Pita González, representados polo procurador Cuns Núñez, nos cales se acordou sacar a poxa pública, polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeria.-Sinalouse para que teña lugar o remate na primeira poxa o vindeiro día 5 de setembro, a 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 1.500.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro 15 de outubro ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 14 de novembro, ás 10.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -agás o acredor demandante deberán consignar previamente o 20% do tipo para ser admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0318/95, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houbese, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de os satisfacer, sen se destinar á súa extinción o prezo de remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego cerrado.

Oitava.-No caso de que tivese que se suspender calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa agás a que corresponda ó mellor licitador, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán

reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

Vehículo turismo Lamborghini, modelo Urraco, matrícula PO-5695-F.

valorado en 1.500.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o once de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4996