Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 18 de xullo de 1997 Páx. 7.097

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (398/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber:

Que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguido co nº 398/1995, por instancia da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, representada polo procurador Calviño Gómez, contra Industrias Isaac, S.L., se acordou a celebración de pública poxa, na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas condicións seguintes:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día dezasete de setembro de 1997, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de oitenta e un millóns catrocentas noventa e dúas mil setecentas pesetas (91.492.700 pesetas), fixado para tal efecto na escritura de préstamo.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día dezasete de outubro de 1997, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75 % da primeira.

3. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día dezasete de novembro, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores- agás o acredor demandante- deberán consignar previamente o vinte por cento do tipo para seren admitidos á licitación; esta cantidade calcularase na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte 1584/18/0398/95, presentando o resgardo de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa; enténdese

que todo licitador os acepta como bastante, sen poder esixir outros e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

7. Poderán facerse ofertas en prego pechado e o remate poderá verificarse en calidade de llo ceder a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, que se conservará en depósito como garantía do cumprimento da obrigación e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

10. De o pedi-lo acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obrigación e desexasen aproveita-lo remate outros ofertantes e sempre pola orde destas.

11. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación do presente edicto serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

Nave industrial destinada a fábrica de pan e bolería, que consta dunha planta da extensión de mil cincocentos cincuenta metros cadrados, situada na parcela sinalada co número cento vinte do polígono do Tambre do concello de Santiago de Compostela. Distribución: planta, consta das seguintes dependencias: fábrica, zona de carga e descarga, establecemento de frituras, aseos e duchas; almacén de recambios e sala para grupo electróxeno. Entreplanta: componse das seguintes dependencias; secadoiro de pan, almacén de cartonaxe, oficina, arquivo, despacho, aseos, sala de xuntas, dúas escaleiras de acceso. Todo iso forma un só predio da extensión de dous mil trescentos dous metros e vinte decímetros cadrados. Linda: norte, vía de penetración; sur, tapia do cemiterio; leste, parcela nº cento dezanove; e oeste, parcela cento vinte.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela, no tomo 1071, libro 113, folio 13, predio nº 10.146, inscrición 2ª.

Dado en Santiago de Compostela, quince de maio de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4951