Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 18 de xullo de 1997 Páx. 7.096

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (88/1990).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo executivo nº 88/1990, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e un.

Fernando Seoane Pesqueira, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Banco de Galicia, S.A, con domicilio social en Vigo, rúa Reconquista, nº 9, representado polo procurador Caamaño Queijo e dirixido polo letrado Vázquez Yebra, contra Juan Manuel Martínez Álvarez, maior de idade, con domicilio no polígono do Tambre, vía Faraday número 37, de Santiago de Compostela, e contra María del Carmen Isabel Pereira Medina, maior de idade, con domicilio na rúa Dos de Mayo, número 6-4 de Xixón, declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Juan Manuel Martínez Álvarez e María del Carmen Isabel Pereira Medina, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandada das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.966.502 pesetas, importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada: e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente á parte afectada.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi publicada o mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe, e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o seis de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

4807