Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 18 de xullo de 1997 Páx. 7.096

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (8/1997-01).

Eu, Jorge Villar Trabazos, secretario en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas nº 8/1997, sobre ameazas, feito acontencido o día 28 de novembro de 1996, no que foron denunciantes os policías nacionais con carnés profesionais números 47.741 e 61.266, como prexudicada Aurora Candal Botana, e como denunciado Antonio Sanchís Pla, se dictou sentencia cunha decisión que di como segue:

Condeno a Antonio Sanchis Pla como autor de dúas faltas xa referidas á pena de 10 días de multa, a razón dunha cota de 500 pesetas diarias, e iso por cada unha das faltas, é dicir, en total 10.000 pesetas de multa, que satisfará dunha soa vez na conta do xulgado.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo

de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciado Antonio Sanchís Pla, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

4818