Eu, Jorge Villar Trabazos, secretario en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas nº 35/1996, sobre lesións en agresión, feito acontencido o día 8 de febreiro de 1996, no que foi denunciante José Luis García Sanz e como denunciado Manuel León Lorenzo, se dictou sentencia cunha decisión que di como segue:
Que debo condenar e condeno a Manuel León Lorenzo como autor penalmente responsable dunha falta de lesións á pena de dous días de arresto menor e ó pagamento das custas.
Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciado Manuel León Lorenzo, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e sete.
O secretario
Rubricado
4941

