Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.600

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0005204/97, interposto por Recreativos Veiga, S.L.

O 28 de maio de 1997, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais recibe da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o oficio polo que se admite o trámite o recurso contencioso-administrativo nº 02/0005204/97, interposto por Recreativos Veiga, S.L., contra Resolución do 23 de xullo de 1996, expediente P-2/96, incoado en materia de xogo.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou o día 30 de xuño de 1997 e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. Intentada a notificación persoal desta remisión e devolto polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente emprázase a José Manuel Díaz Barreiro (Cafetería Smart), con domicilio na Avda. Fragoso nº 203 de Vigo (Pontevedra), para que poida comparecer en autos na sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

5945