Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra: vía rápida Sanxenxo-O Grove, Pontevedra, de clave N/PO/90.4.7.

1. Nome, enderezo número de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela, A Coruña (España).

Teléfono número (981) 54 49 86, telefax número (981) 54 45 29

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: vía rápida Sanxenxo-O Grove, Pontevedra, de clave: N/PO/90.4.7. Orzamento: 1.756.988.893 ptas.

3. a) Lugar de execución: Sanxenxo-O Grove.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: incluída no proxecto que se acompaña como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

c), d).

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 36 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no parágrafo número 1 b)

b).

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 22 de setembro de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: a indicada no parágrafo 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 2 de outubro de 1997, á 11 horas na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional do (2%) do orzamento de contrata (35.139.778 ptas.) e unha fianza definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (70.279.556 ptas.).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamento a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicatario do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14.

15. Información complementaria; clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría e. Grupo B, subgrupo 3, categoría e.

16.

17. Data de envío do anuncio: 31 de xullo de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 31 de xullo de 1997.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6156