Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1997 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación do concurso polo procedemento aberto das obras de clave N/AC/96.2 e N/LU/90.6.

a) Obra.

1. Acondicionamento da estrada AC-231 A Castellana-Sobrado.

Clave: N/AC/96.2.

Orzamento: seiscentos trece millóns trescentas oitenta e unha mil trescentas noventa e unha pesetas (613.381.391).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 12.267.628.

2. Variante de Viveiro. Estradas C-642 e C-640.

Clave: N/LU/90.6.

Orzamento: cincocentos cincuenta e cinco millóns oitocentas doce mil oitocentas vinte pesetas (555.812.820).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d. Grupo B, subgrupo 3, categoría d.

Garantía provisional: 11.116.256.

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6157