Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1997, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras da vía rápida de Sanxenxo-O Grove, termo municipal de Sanxenxo, clave: N/PO/90.4.7.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data 3 de xuño de 1997, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 18 de xuño de 1997, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, a urxente ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello que a continuación se cita, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Sanxenxo.

Día 1 de setembro de 1997, de 9 a 14 horas, do predio nº 0001 ó predio nº 0065.

Día 2 de setembro de 1997, de 9 a 14 horas, do predio nº 0066 ó predio nº 0132.

Día 3 de setembro de 1997, de 9 a 14 horas, do predio nº 0133 ó predio nº 0195.

Día 4 de setembro de 1997, de 9 a 14 horas, do predio nº 0196 ó predio nº 0262.

Día 5 de setembro de 1997, de 9 a 14 horas, do predio nº 0263 ó predio nº 0327.

Día 8 de setembro de 1997, de 9 a 14 horas, do predio nº 0328 ó predio nº 0393.

Día 9 de setembro de 1997, de 9 a 14 horas, do predio nº 0394 ó predio nº 0458.

Día 10 de setembro de 1997, de 9 a 14 horas, do predio nº 0459 ó predio nº 0523.

Día 11 de setembro de 1997, de 9 a 14 horas, do predio nº 0524 ó predio nº 0588.

Día 12 de setembro de 1997, de 9 a 14 horas, do predio nº 0589 o último predio.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo ir acompañados, pola súa conta, e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o plazo de quince día naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 31 de xullo de 1997.

Enrique Pardo Landrove

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Pontevedra

6158