Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/34-2-4702 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. entre C.T. Hospital e C.T. inmobiliaria.

Situación: Vilalba.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 320 metros,

con conductor D.H.Z1 12/20 kV, de 1x150 mm Al, entre centro de transformación Hospital e centro de transformación inmobiliaria, nas rúas Cidade de Viveiro e Pepe Penela en Vilalba. Orzamento: 2.928.570 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 30 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6082