Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación do parque eólico de Monseibán para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 010-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación do parque eólico de Monseibán coas seguintes características:

Peticionario: Desarrollos Eólicos, S.A. Avda. de la Buhaira, 2, 41018 Sevilla.

Situación: concellos de Abadín e Vilalba (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades U.T.M.): V(0.613.200, 4.806.900); V(0.619.000, 4.806.000). V(0.619.900, 4.803.500; V(0.615.000, 4.803.500). V(0.613.200, 4.805.800).

Superficie afectada: 16,165 km

Características técnicas principais:

Número de aeroxeradores: 67.

Potencia nominal unitaria: 300 kW.

Potencia total instalada: 20,1 MW.

Altura de torres: 30 metros.

Diámetro de pas: 30 metros.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia duran

te o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 1 de xullo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5728