Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 162/1995).

Autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica a 66 kV do Pedrido a Mesón do Vento, variante entre os apoios números 57 e 64, no termo municipal de Betanzos (expediente 162/1995), e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos que se afectan pola imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica por Decreto 141/1997, do 29 de maio (Diario Oficial de Galicia do 17 de xuño de 1997), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña.

Fáiselles saber ós titulares dos predios que se conteñen na relación que se publicou no DOG do 13-9-1996, que se expón actualizada no taboleiro de edictos da Casa Consistorial de Betanzos, ós que se lles practicará notificación para o efecto que, de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, o representante da Administración acompañado dun perito, se constituirá nos predios o día 12 de agosto de 1997, a partir das 12 horas, para a toma de datos e levantar a continuación na citada casa consistorial as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens obxecto de imposición de servidumes, e se farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Os interesados, de conformidade co artigo 56 do regulamento da Lei do 26 de abril de 1957, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa costa, e formular por escrito ante esta delegación ata e naquel momento as alegacións para os sós efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 1 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

5731