Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/67-2-4750 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., Subt. e C.T. en rúa de Cervo.

Situación: Foz.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cabe UNE D.H.Z.1 12/20 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 560 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/420-242 V±2,5%+5%+10%, para subministrar enerxía eléctrica ó edificio Boavista, na Rúa de Cervo-Foz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 1 de xullo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6081