Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/139-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, sométese a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita:

Solicitantes: Desarrollos Eólicos.

Domicilio social: Avda. de Buhaira, 2, 41018 Sevilla.

Denominación: L.A.T. de 66 kV do parque eólico de Corme a subestación Cabana.

Situación: Ponteceso e Cabana.

Descricións técnicas: liña aérea a 66 kV, conductor LA-180, sobre apoios metálicos de celosía, cunha lonxitude de 15.072 km, con orixe na subestación do parque eólico de Corme propiedade de Desallorros Eólicos, S.A. e final na subestación de Cabana, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con entrada subterránea de 53 m. Concellos de Ponteceso e Cabana.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña

5799