Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-10/97 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento por la vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberanse utiliza-los impresos normalizados que serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

ANEXO

-Expediente nº: P-10/97.

Denunciado: Carlos Chaudarcas Vázquez.

DNI: 34.912.074.

Último enderezo coñecido: r/ Quintián 28-3ºb-Ourense.

Feitos denunciados: dedicarse ó deporte da pesca non sendo titular dunha licencia válida de pesca; o día 25-1-97 no encoro de Belesar-Sabadelle-Chantada-Lugo.

Cualificación de la sanción: menos grave.

Precepto sancionador: Art. 34.1º da Lei 7/92.

Sanción: 50.001 ptas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Lugo, 4 de xullo de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

5800