Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Escuelas Infantiles de Ferrolterra.

En cumprimiento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 13 horas do día 3 de xullo de 1997 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Escuelas Infantiles de Ferrolterra, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: empresarios de educación infantil de Ferrol e comarca.

Asinan a acta de constitución: Mª Luisa Santaeufemia Yáñez e catorce persoas mais.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 4 de xullo de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

6053