Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, tramitación urxente do artigo 72 da LCAP para a subministración de ordenadores persoais e impresoras (C.P. 127/1997).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de ordenadores persoais e impresoras.

Orzamento: 6.839.000 ptas.

Garantía provisional: 136.780 ptas.

-Lote 1: ordenadores persoais: procesador Intel-Pentium/13 Mhz.16Mb de memoria RAM EDO.256 KB de memoria Caché. Disco duro IDE de 1,2 GB. Unidade de diskette de 3,5'' y 1,44 Mb. Rato de dous pulsadores. Teclado expandido de 102 teclas. Monitor 14'' SVGA 0,28 pitch de baixa radiación. Tarxeta de rede Ethernet isa de 16 bits conector Rj45. Licencia de Windows NT 4.0.

Orzamento: 4.410.000 ptas.

Garantía provisional: 88.200 ptas.

-Lote 2: impresoras láser dúplex: 600 puntos por polgada. 12 páxinas por minuto. Primera páxina en menos de 20 segundos. Dúas bandexas de entrada. Interface paralelo, serie Rs-232 e slot para tarxeta de rede, con cambio automático entre eles. 4 Mb de RAM.

Orzamento: 1.388.000 ptas.

Garantía provisional: 27.760 ptas.

-Lote 3: impresoras de transferencia térmica: velocidade de 254 mm/seg. Interface serie RS232C. Interface paralelo centronics. Posibilidade de impresión de etiquetas en rolo ou zigzag. Capacidade de interpretación das secuencias de escape definidas para a impresión de etiquetas de pacientes.

Orzamento: 690.000 ptas.

Garantía provisional: 13.800 ptas.

-Lote 4: impresoras matriciais: interface serie RS232C. Interface paralelo centronics. 80 columnas.

Orzamento: 351.000 ptas.

Garantía provisional: 7.020 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. Tramitación urxente do artigo 72 da LCAP.

Prazo de entrega: a totalidade dos equipos que se contratan serán entregados no prazo de 15 días. Os bens obxecto do presente contrato entregaranse nun só acto, sen que se admitan entregas parciais.

Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes ou alternativas.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 40%.

2. Condicións de mantemento: 30%.

3. Melloras tecnolóxicas: 30%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta

baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 21 de xullo de 1997.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

6054