Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, tramitación urxente do artigo 72 da LCAP para o plan de necesidades 1997, mobiliario xeral e clínico Hospital Abente Lago (C.P. 134/1997).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: mobiliario xeral e clínico do Hospital Abente Lago.

Orzamento: 13.457.000 ptas.

Garantía provisional: 269.140 ptas.

-Lote 1: armarios portas baixas 195x95x45. Armarios portas plenas 195x95x45. Caixoneiras metálicas rodantes p/carpetas. Cadros de cortiza 35x45 p/anuncios. Cadros de cortiza 60x90 p/anuncios. Cadros de láminas decorativas. Mesa de madeira de 2,25x60. Mesa de madeira de 2,50x110. Mesas auxiliares de 110x55x71. Mesas c/ala 140x80x70. Sillas c/rodas e apoiabrazos. Cadeiras confidente sen apoiabrazos. Cadeiras de brazos c/rodas e apoiabrazos. Cadeiras sala de reunións. Cadeiras c/rodas e s/apoiabrazos. Cadeiras c/rodas e apoiabrazos. Angarellas exploración c/porta rolo papel. Carro de transporte p/roupa limpa. Carro de transporte p/roupa suxa. Cubos de plástico con tapa. Escaleiras de aluminio. Xardineiras p/plantas naturais. Lámpadas fixas extensibles de parede. Moble vitrina metálico 180x190. Papeleiras de plástico. Papeleiras metálicas. Paragüeiros. Banquetas fixas de altura regulable.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. Tramitación urxente do artigo 72 da LCAP.

Prazo de entrega: 15 días.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Prezo ofertado: 50%.

2. Prestacións e calidade: 35%.

3. Vida útil, servicio técnico e mantemento: 15%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 21 de xullo de 1997.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

6055