Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización do polígono 22 do PERI do Calvario (expediente 3992/401).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 8 de novembro de 1996, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 22 do PERI do Calvario, formulado pola xunta de compensación urbanizadora do ámbito e redatado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, con visado colexial do 9-7-1996 de acordo cos informes do expediente 3712/401.

Cumprimentado o esixido pola comisión, sométese a información pública, polo período dun mes, mediante inserción en anuncios no DOG, un xornal dos de maior circulación da provincia, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo á disposición do público, planta baixa do concello.

Vigo, 27 de maio de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5821