Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997 pola que se anuncia a contratación, en concurso de procedemento aberto, da subministración dun camión de recollida de lixo para o servicio de limpeza.

I. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a subministración dun camión de recollida de lixo para o servicio municipal de limpeza.

II. Financiamento da subministración: a subministración obxecto do contrato financiarase con cargo á partida número 442.624 do orzamento xeral da corporación.

III. Pagamento do prezo de adxudicación da sub

ministración: o pagamento do prezo do remate efectuarase contra acordo aprobatorio da acta de recepción da subministración, nos tres meses seguintes á expedición daquela.

IV. Cumprimento do contrato: a subministración farase efectiva no prazo máximo dun mes, contado a partir da subscrición do contrato administrativo.

V. Tipo de licitación: o orzamento do contrato que servirá de base de licitación elévase a un total de dezasete millóns setecentas setenta e seis mil duascentas pesetas (17.776.200).

VI. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: estará de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, Negociado de Obras e Urbanismo.

VII. Garantía definitiva: o 4% do orzamento do contrato.

VIII. Presentación de proposicións: durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no último dos boletíns oficiais (BOP e DOG). No caso de que o día vixésimo sexto coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

IX. Apertura de proposicións: ás 13 horas do día hábil, non coincidente en sábado, seguinte ó do remate do prazo para a presentación de proposicións.

X. Modelo de proposicións: o recollido na cláusula VIII do prego de condicións económico-administrativas.

Viveiro, 18 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

5822