Visto o texto do acordo asinado o día 11-6-1997, pola comisión negociadora do convenio para o sector de materiais e prefabricados para a construcción (código 2700395), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e das centrais sindicais FEMCA-UGT, CC.OO., U.S.O. e CIG, sobre adaptación da xornada de traballo para o ano 1997 e táboas salariais do convenio ó acordo sectorial da construcción, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, como o seu depósito.
Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 4 de xullo de 1997.
Manuel Bande Díaz
Delegado provincial de Lugo
Na cidade de Lugo o 11 de xuño de 1997 reúnense os representantes das centrais sindicais e da APEC que máis adiante se relacionan, integrantes da comisión deliberadora do convenio de materiais e prefabricados para a construcción, co obxecto de inicia-las deliberacións para adaptación da xornada de traballo para o ano 1997 ás 1.764 horas fixadas polas partes signatarias do acordo sectorial da construcción para o citado ano, e sobre a adaptación das táboas salariais do convenio con aplicación do 2,75% previsto no citado acordo sectorial para o ano 1997.
Asistentes:
-Representación sindical:
Por FEMCA-UGT:
Adolfo Mosteirín Turia.
Alfonso García Capón.
José Luis Castrillón López.
Por CC.OO.:
Ángel Barreiro Pérez.
Jesús Varela Lodeiro.
Por USO:
Mª Carmen Arias Río.
Pola CIG:
Iñaki García Gómez.
Domingo Castiñeira Abuín.
-Representatividade no sector:
Convenio de materiais e prefabricados para a construcción.
Por FEMCA-UGT: 47,20% de representación.
Por CC.OO.: 25% de representación.
Por CIG: 22,2% de representación.
Por USO: 2,8% de representación.
-Representación patronal (APEC):
Rafael Díaz Iglesias.
Miguel Varela Varela.
José Bouso Alvite.
Antonio Rodríguez Suárez.
David Lazare Rodríguez.
Javier del Cura del Puente.
Logo de deliberación adóptanse os seguintes acordos:
1º Establecer que a xornada de traballo efectivo para o ano 1997 será de 1.764 horas anuais; engadiránselle á xornada aprobada no seu día e publicada no DOG con data do 9 de xuño de 1997, catro horas de descanso para desfruta-lo día 30 de decembro na xornada de tarde.
2º Incrementa-los conceptos retributivos do convenio, vixentes o 31-12-1996, salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións, plus de asistencias e plus extrasalarial no 2,75%, conforme a táboa que se une como anexo I, con efectos do 1-1-1997 ó 31-12-1997, debendo aboarse os atrasos no prazo dun mes desde a publicación no DOG deste acordo.
3º Incrementa-la compensación en concepto de axudas de custo por desprazamento cando a empresa opte polo seu aboamento en lugar do pagamento de gastos, na seguinte contía:
a) Axuda de custos completa por desprazamento en días illados ou consecutivos: 2.363 ptas. por día.
b) Media axuda de custos por desprazamento en días illados ou consecutivos: 1.130 ptas. por día.
4º Unirlle á presente acta, como anexo, o texto do acordo sectorial nacional da construcción para 1997.
5º Eleva-la presente acta e os seus anexos á delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para a súa homologación e publicación no DOG.
E, en proba de conformidade, asinan o presente acordo as representacións das centrais comparecentes, con excepción da CIG.
Táboa de retribucións do convenio de materiais e prefabricados para a construcción desde o 1-1-1997 ó 31-12-1997
Categorías
Niveis base
mensual Prod. e Punt.
mensual salarial
mensual Total
mensual Vacacións
anual Gratificacións Total
anual
Salario
Plus Asist.
Plus extra
Verán Nadal
Titulado superior II 126.071 2.607 19.749 148.427 151.387 151.387 151.387 2.086.859
Titulado medio e outros III 106.202 11.717 17.788 135.707 133.946 133.946 133.946 1.894.615
Encargado xeral IV 91.320 17.304 16.224 124.848 120.401 120.401 120.401 1.734.533
Encargado fábrica V 81.976 23.720 15.626 121.322 113.036 113.036 113.036 1.673.648
Of. Administr. 1ª e outros VI 78.874 23.586 15.127 117.587 109.697 109.697 109.697 1.622.545
Capataz e outros VII 76.400 23.720 14.929 115.049 107.135 107.135 107.135 1.586.944
Oficial 1ª e outros VIII 76.400 21.591 14.528 112.519 106.305 106.305 106.305 1.556.624
Oficial 2ª e outros IX 72.770 20.127 13.764 106.661 101.897 101.897 101.897 1.478.966
Axudante e outros X 72.770 18.732 13.632 105.134 101.355 101.355 101.355 1.460.539
Peón especialista e outros XI 72.770 18.134 13.530 104.434 101.120 101.120 101.120 1.452.132
Peón ordinario e outros XII 72.770 16.472 13.331 102.573 100.472 100.472 100.472 1.429.719
Acordo sectorial nacional
da construcción para 1997
Preámbulo
As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de Madera, Construcción y Afines da Unión Xeral de Traballadores (FEMCA-UGT) e a Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines de Comisións Obreiras (FECOMA-CC.OO.), todas elas en representación laboral, e a Confederación Nacional da Construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da construcción nos seus respectivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no Art. 3.2º do convenio xeral do sector da construcción (CXSC),
ACORDAN:
Artigo 1º.-Ámbitos persoal e funcional.
Quedan obrigados polas disposicións do presente acordo sectorial nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren a empresas e traballadores afectados polo ámbito funcional do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), subscrito con data do 10 de abril de 1992.
Artigo 2º.-Ámbito territorial.
O presente acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.
Artigo 3º.-Ámbito temporal.
Este acordo estará vixente no ano 1997, logo da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.
1. As partes que subscriben o presente acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien en 1997.
2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano 1997 manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no apartado anterior.
3. Os pactos contidos no presente acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral que rexen nas materias reguladas por el, agás que sexan de dereito necesario, substituíndoas polo tanto, durante a súa vixencia.
Artigo 5º.-Xornada.
1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia do presente acordo será de 1.764 horas de traballo efectivo.
Os convenios colectivos provinciais que, á entrada en vigor do presente acordo, tivesen unha xornada superior, aplicarán a reducción de 4 horas á xornada do día 30 de decembro, salvo pacto en contrario.
2. As partes asinantes do presente acordo adquiren o compromiso obrigacional de incorporaren ó convenio
xeral do sector da construcción as xornadas que a seguir se indican e para os anos seguintes:
AnosHoras/anuais
19981.764
19991.760
20001.760
20011.756
Artigo 6º.-Incrementos económicos.
1. Para o ano 1997, os convenios provinciais aplicarán un incremento do dous setenta e cinco por cento (2,75%) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e pluses salariais e extrasalariais.
2. O importe das axudas de custo e das medias axudas de custo, de acordo co disposto no Art. 86.6º do convenio xeral do sector fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.
3. Os convenios subscritos para o presente ano manterán as condicións xa pactadas.
4. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamento dos atrasos correspondentes.
Artigo 7º.-Cláusulas de garantía.
1. No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) ó 31 de decembro de 1997 supere o dous con setenta e cinco por cento (2,75%), efectuarase unha revisión salarial sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.
2. A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no Art. 6.1º.
3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.
Artigo 8º.-Cartilla profesional.
As partes asinantes do presente acordo instan á Fundación Laboral para a Construcción para que, en cumprimento do disposto no apartado d) do artigo 5º do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico de antigüidade, do 21 de novembro de 1996, proceda á expedición e seguimento da cartilla profesional da construcción.
Artigo 9º.-Comisión paritaria.
1. Acórdase constituír unha comisión para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.
2. A dita comisión estará composta por un máximo de doce membros, que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións.
3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. Os seus acordos interpretativos deste acordo sectorial nacional terán a mesma eficacia cá da cláusula que fose interpretada.
4. O funcionamento da comisión realizarase da forma que esta acorde, asumíndose xa os acordos ó respecto adoptados pola comisión paritaria do Art. 21 do convenio xeral do sector da construcción, así como o
procedemento para soluciona-las posibles discrepancias, previsto no ASEC e asumido polas partes no acordo sectorial nacional da construcción de 1996.
Artigo 10º.-Denuncia.
Para lle dar cumprimento ó previsto no Art. 85.2º d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1997.
5964