Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da edificación e das obras públicas.

Visto o texto do acordo asinado o día 11-6-1997, pola comisión negociadora do convenio para o sector da edificación e das obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e das centrais sindicais FEMCA-UGT, CC.OO., U.S.O. e CIG, sobre adaptación da xornada de traballo para o ano 1997

e táboas salariais do convenio ó acordo sectorial da construcción, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de xullo de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Na cidade de Lugo o 11 de xuño de 1997 reúnense os representantes das centrais sindicais e da APEC que máis adiante se relacionan, integrantes da comisión deliberadora do convenio de edificación e obras públicas, co obxecto de inicia-las deliberacións para adaptación da xornada de traballo para o ano 1997 ás 1.764 horas fixadas polas partes signatarias do acordo sectorial da construcción para o citado ano, e sobre a adaptación das táboas salariais do convenio con aplicación do 2,75% previsto no citado acordo sectorial para o ano 1997.

Asistentes:

-Representación sindical:

Por FEMCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Alfonso García Capón.

José Luis Castrillón López.

Por CC.OO.:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

Por USO:

Mª Carmen Arias Río.

Pola CIG:

Iñaki García Gómez.

Domingo Castiñeira Abuín.

-Representatividade no sector:

Convenio de edificación e obras públicas.

Por FEMCA-UGT: 37,20% de representación.

Por CC.OO.: 29,7% de representación.

Por USO: 10,5% de representación.

Por CIG: 17,6% de representación.

-Representación patronal (APEC):

Rafael Díaz Iglesias.

Miguel Varela Varela.

José Bouso Alvite.

Antonio Rodríguez Suárez.

David Lazare Rodríguez.

Javier del Cura del Puente.

Logo de deliberación adóptanse os seguintes acordos:

1º Establecer que a xornada de traballo efectivo para o ano 1997 será de 1.764 horas anuais; engadiránselle á xornada aprobada no seu día e publicada no DOG con data do 9 de xuño de 1997, catro horas de descanso para desfruta-lo día 30 de decembro na xornada de tarde.

2º Incrementa-los conceptos retributivos do convenio, vixentes o 31-12-1996, salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións, plus de asistencias e plus extrasalarial no 2,75%, conforme a táboa que se une como anexo I, con efectos do 1-1-1997 ó 31-12-1997, debendo aboarse os atrasos no prazo dun mes desde a publicación no DOG deste acordo.

3º Incrementa-la compensación en concepto de axudas de custo por desprazamento, cando a empresa

opte polo seu aboamento en lugar do pagamento de gastos, na seguinte contía:

a) 2.364 ptas. diarias en desprazamento en días illados ou consecutivos sen exceder de tres.

b) 1.798 ptas. diarias se excede de tres días consecutivos.

c) 1.130 ptas. diarias como media axuda de custo en desprazamento en días illados ou consecutivos de tres.

d) 976 pesetas diarias como media axuda de custo se excede de tres días.

4º Unirlle á presente acta, como anexo, o texto do acordo sectorial nacional da construcción para 1997.

5º Eleva-la presente acta e os seus anexos á delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para a súa homologación e publicación no DOG.

E, en proba de conformidade, asinan o presente acordo as representacións das centrais comparecentes, con excepción da CIG.

Táboa de retribucións do convenio de edificación e obras públicas desde o 1-1-1997 ó 31-12-1997

Categorías

Niveis

Salario

base

mensual

Plus Asist.

Prod. e Punt.

mensual

Plus extra

salarial

mensual

Total

mensual

Vacacións

anual

Gratificacións

Total

anual

VeránNadal

Titulado superior e outrosII ó IV79.07521.73614.227115.038112.479112.479112.4791.602.855

Capataz e outrosVII78.45520.70014.014113.169111.406111.406111.4061.579.071

Oficial 1ª e outrosVIII77.17819.14713.648109.973109.454109.454109.4541.538.066

Oficial 2ª e outrosIX76.51717.92913.436107.881108.303108.303108.3031.511.611

Axudante e outrosX75.85916.10113.101105.061106.877106.877106.8771.476.298

Peón especialistaXI75.23815.06512.888103.191105.804105.804105.8041.452.513

Peón ordinarioXII74.43314.04112.673101.147104.563104.563104.5631.426.306

Acordo sectorial nacional

da construcción para 1997

Preámbulo

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de Madera, Construcción y Afines da Unión Xeral de Traballadores (FEMCA-UGT) e a Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines de Comisións Obreiras (FECOMA-CC.OO.), todas elas en representación laboral, e a Confederación Nacional da Construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da construcción nos seus respectivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no Art. 3.2º do convenio xeral do sector da construcción (CXSC),

ACORDAN:

Artigo 1º.-Ámbitos persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións do presente acordo sectorial nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren a empresas e traballadores afectados polo ámbito funcional do con

venio xeral do sector da construcción (CXSC), subscrito con data do 10 de abril de 1992.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo estará vixente no ano 1997, logo da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben o presente acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien en 1997.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano 1997 manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no apartado anterior.

3. Os pactos contidos no presente acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral que rexen nas materias reguladas por el, agás que sexan de dereito necesario, substituíndoas polo tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia do presente acordo será de 1.764 horas de traballo efectivo.

Os convenios colectivos provinciais que, á entrada en vigor do presente acordo, tivesen unha xornada superior, aplicarán a reducción de 4 horas á xornada do día 30 de decembro, salvo pacto en contrario.

2. As partes asinantes do presente acordo adquiren o compromiso obrigacional de incorporaren ó convenio xeral do sector da construcción as xornadas que a seguir se indican e para os anos seguintes:

AnosHoras/anuais

19981.764

19991.760

20001.760

20011.756

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 1997, os convenios provinciais aplicarán un incremento do dous setenta e cinco por cento (2,75%) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e pluses salariais e extrasalariais.

2. O importe das axudas de custo e das medias axudas de custo, de acordo co disposto no Art. 86.6º do convenio xeral do sector fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios subscritos para o presente ano manterán as condicións xa pactadas.

4. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamento dos atrasos correspondentes.

Artigo 7º.-Cláusulas de garantía.

1. No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) ó 31 de decembro de 1997 supere o dous con setenta e cinco por cento (2,75%), efectuarase unha revisión salarial sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

2. A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no Art. 6.1º.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 8º.-Cartilla profesional.

As partes asinantes do presente acordo instan á Fundación Laboral para a Construcción para que, en cumprimento do disposto no apartado d) do artigo 5º do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico de antigüidade, do 21 de novembro de 1996, proceda á expedición e seguimento da cartilla profesional da construcción.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. A dita comisión estará composta por un máximo de doce membros, que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. Os seus acordos interpretativos deste acordo sectorial nacional terán a mesma eficacia cá da cláusula que fose interpretada.

4. O funcionamento da comisión realizarase da forma que esta acorde, asumíndose xa os acordos ó respecto adoptados pola comisión paritaria do Art. 21 do convenio xeral do sector da construcción, así como o procedemento para soluciona-las posibles discrepancias, previsto no ASEC e asumido polas partes no acordo sectorial nacional da construcción de 1996.

Artigo 10º.-Denuncia.

Para lle dar cumprimento ó previsto no Art. 85.2º d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1997.

5872