Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de xullo de 1997 pola que se declara de interese galego a fundación Forum Galicia de Estudios Sociales.

Visto o expediente tramitado por instancia da fundación Forum Galicia de Estudios Sociales para a súa declaración de interese galego e a conseguinte inscrición no Rexistro das Fundacións da Xunta de Galicia.

Resultando que a Consellería da Presidencia e Administración Pública, por Orde do 27 de maio de 1997 (DOG nº 100, do 27 de maio), clasificou como benéficio-docente a citada fundación e adscribiuna á Consellería de Educación y Ordenación Universitaria.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983, así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e demais disposicións xerais de pertinente aplicación e, máis concretamente, as normas básicas contidas na Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundación e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

Considerando que a correspondente escritura fundacional e de aprobación dos estatutos están conformes co establecido nos artigos 5º, 6º y 7º de la Lei 7/1983, do 22 de xuño (DOG nº 89, do 20 de xullo de 1983), e coas demais disposicións aplicables.

Considerando que os fins e os demais elementos organizativos da fundación Forum Galicia de Estudios Sociales cumpren cos requisitos e condiciones sinalados nos artigos 1 e 13 da mencionada Lei 11/1991 (DOG nº 219, do 12 de novembro de 1991) para a súa declaración de interese galego, así como coas condicións básicas determinadas na citada Lei 30/1994.

Considerando que o presente expediente foi promovido por persoas lexitimadas para iso e que na súa tramitación se cumpriron os requisitos legais e regulamentarios esixidos tanto por la lexislación autonómica en materia de fundacións de interese galego como polas normas básicas establecidas na Lei 30/1994.

Esta consellería, consonte o disposto no artigo 32.3º do devandito regulamento, logo do informe da asesoría xurídica deste departamento,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar de interese galego a fundación Forum Galicia de Estudios Sociales, coa conseguinte

aprobación dos seus estatutos e dos demais aspectos recollidos na orde de clasificación publicada no DOG do 27 de maio de 1997.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no rexistro auxiliar de fundacións deste protectorado, logo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, publicación e inscrición que teñen o carácter constituído que determinan os artigos 33.3 do Decreto 248/1992 e o 8º da Lei 7/1983, así como o artigo 3 da referida Lei 30/1994.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

6063