Creado polo Decreto 119/1997, do 2 de maio (DOG do 21) o instituto de educación secundaria de Arzúa, mediante a transformación do instituto de bacharelato e o instituto de formación profesional de Arzúa nun único centro.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Autoriza-la posta en funcionamento do instituto de educación secundaria de Arzúa, segundo os datos que figuran no anexo.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Arzúa.
Localidade: Arzúa.
Denominación: instituto de educación secundaria de Arzúa.
Código do centro: 150ARZ01.
Unidades: 12 de ESO, bacharelato e formación profesional.
6064