Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.349

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1997 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, a María Luisa Rodicio García.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 21 de outubro de 1996 (BOE do 7 de decembro) para a provisión da praza número 96/058 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, departamento de Filosofía e Métodos de Inves

tigación en Educación desta universidade, a favor de María Luisa Rodicio García, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Luisa Rodicio García, profesora titular de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación desta universidade.

A Coruña, 31 de xullo de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

96-6349