Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 02 de setembro de 1997 Páx. 8.543

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO- ADMINISTRATIVO SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (4239/1995).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso contencioso-administrativo nº 4239/1995, seguido por instancia de Miriam del Carmen Huerta Lado contra acordo do Goberno Civil da Coruña do 26-12-1994, sobre denegación de exención de visado de residencia, se dictou sentencia con data do 26 de xuño de 1997, cunha parte dispositiva que di así:

«Que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Miriam del Carmen Huerta Lado contra resolución do Goberno Civil da Coruña do 26 de decembro de 1994, denegatoria da exención de visado de residencia, recoñecendo o dereito da recorrente á exención do visado de residencia, sen facer especial condena en custas.

Esta sentencia é susceptible de recurso de casación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, que deberá prepararse ante esta, que a dictou no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da notificación (artigos 93 e 96 da LXCA)».

E para que conste e lle sirva de notificación a Miriam del Carmen Huerta Lado, expido e asino a presente cédula na Coruña o once de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

5735