De conformidade co disposto no artígo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 1453/90 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 25 de xuño de 1990, pola que se acordou denega-las axudas económicas solicitadas para a adquisición dunha vivenda de protección oficial de pro
moción privada, e da que a súa parte dispositiva di:
Desestima-lo recurso de alzada número V-1453/90 interposto por Mª Begoña Salgueiros López, contra a resolución do delegado provincial do IGVS en Pontevedra, do 25 de xuño de 1990, pola que se acordou denega-la concesión da subvención a Mª Begoña Salgueiros López para adquisición dunha vivenda de protección oficial de promoción privada, sita en Avda. Fragoso, 48-3º B Vigo (Pontevedra); resolución que se confirma.
Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artígo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1997.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de
Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
5641