Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, sométese a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º (Est. 6), 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. enlace Xesteira-Campo, Deriv. C.T. Torre-Samiráns.
Situación: Laracha.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.493 m de lonxitude, en conductor LA-56, que xunta as L.M.T. Lemaio-Xesteira (expediente 51448) e a L.M.T. Bastón-Campo da Porta (expediente 50598). Concello de Laracha.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 2 de xullo de 1997.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións
6909