O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Sometra á información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico Vicedo, nos concellos do Vicedo e Viveiro e solicitado pola empresa Eurovento, S.L. Univpersonal.
Segundo.-Para os efectos informativos, o estudio de efectos ambientais poñerase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Industria.
-Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.
-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.
-Concello do Vicedo.
-Concello de Viveiro.
Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.
Cuarto.-Unha vez rematado o prazo remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1997.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
6548