Conforme os artigos 100 e seguintes da Lei orgánica do poder xudicial e 49 e seguintes da Lei de demarcación e planta xudicial, acordo face-la seguinte convocatoria pública para elección de xuíz de paz titular.
Requirimentos.
Ser españois, maiores de idade, non estar impedidos física ou psíquicamente para a función xudicial, non atoparse condenados por delicto doloso, sen rehabilitar, e non atoparse procesados ou inculpados por delicto doloso en tanto non sexan absoltos e atoparse en pleno exercicio dos seus dereitos civís.
Documentos que hai que presentar.
Certificado do nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.
Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980, no seu punto a) referente a se se atopa inculpado ou procesado.
Certificación de méritos que os aspirantes aleguen ó seu favor.
O prazo de presentación das solicitudes remata ós 15 días da publicación deste anuncio.
O que se comunica para xeral coñecemento.
Moaña, 6 de agosto de 1997.
O alcalde-presidente
Rubricado
6487