O Pleno deste Concello, en sesión do día 26 de outubro de 1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle Roade en Avda. Atlántida, 86, redactado polo arquitecto Leopoldo Salceda Alvite, así como sometelo ó trámite de información pública polo prazo de quince días, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados.
O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de demolición, parcelación e edificación a abranguida polo seu ámbito, cos seguintes lindes:
Norte: rúa Roade.
Sur: Avda. Atlántida.
Leste: Avda. Atlántida.
Oeste: rúa Roade.
Vigo, 9 de decembro de 1996.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde