Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.080

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión negociadora do convenio colectivo do Casino del Atlántico, S.A., para a corrección de erros e modificación do texto do convenio.

Visto o texto da acta asinada o día 1 de novembro de 1996 pola comisión negociadora do convenio colectivo do Casino del Atlántico, S.A., na que se acorda a corrección de erros e modificacións no texto do convenio colectivo subscrito o 19 de xullo de 1996 en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial, en virtude da solicitude con data do 3 de xullo de 1997,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de xullo de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

A Coruña, 1 de novembro de 1996.

Reunida a comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Casino del Atlántico, S.A., con

domicilio social na Coruña, xardíns de Méndez Núñez, s/n, acordan comunicarlle a esta consellería as seguintes modificacións e correccións do convenio colectivo asinado o 19 de xullo do presente ano:

Correccións:

1ª.-No artigo 33 do convenio, debe corrixirse o importe de cada trienio, que será de 55.443 ptas. anuais, en lugar das 52.354 ptas. que figuran.

2ª.-No artigo 36 do convenio, debe corrixirse o importe do plus de asistencia, que será de 4.464 ptas., en lugar das 4.216 ptas. que figuran.

Así mesmo, debe corrixirse o plus de transporte, que será de 8.757 ptas., en vez das 8.270 ptas. que figuran.

3ª.-No anexo I, grupo 1, a categoría de xefe de mesa terá 16 ptos., en lugar dos 20 que figuran.

Modificacións:

De acordo co prego de disposicións adicionais final e con relación co seu artigo 4º, que fai mención á distribución do tronco de propinas, regulada polo artigo 40 do convenio colectivo, prodúcense as modificacións seguintes, asinadas e acordadas o 25 de setembro, quedando isto reflectido na cláusula adicional anexa.

A redacción do artigo 40 do convenio, polo tanto, modifícase e, dando resposta a tal acordo, quedaría redactado do seguinte xeito:

Artigo 40.-Tronco de propinas: distribución.

Enténdese por tronco de propinas (antes citado) a suma das procedentes dos distintos xogos autorizados e practicados nas mesas, xunto ás propinas de recepción e de caixa.

I. Propinas: o reparto farase en períodos dun mes, desde o día 26 ata o 25 do mes seguinte, ambos inclusive. Repartirase a totalidade das propinas recadadas e este reparto efectuarase do seguinte xeito:

-80% para o persoal (incluído o 0,3% destinado ó comité de empresa).

-20% para a empresa.

O valor do punto será o resultante da fórmula establecida para o efecto.

Os puntos de propinas calcularanse tendo en conta a xornada teórica traballada e a proporcionalidade resultante.

Para efectos de percepción de propinas están incluídos, así mesmo, os traballadores que se atopen en situación de incapacidade laboral transitoria, estean desfrutando de vacacións ou licencias retribuídas.

O aboamento da cantidade que se percibirá en concepto de propinas realizarase mensualmente e

irá reflectido nunha nómina á parte, como concepto non salarial.

Pola empresa:

Manuel Rego Vecino.

Polo comité de empresa:

Isidro Iglesias Cuñarro.

Julio Bugliot Lage.

Luis Pérez Núñez.

5865