Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de outubro de 1997 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia, nas eleccións ó Parlamento de Galicia do día 19 de outubro de 1997.

Convocadas eleccións ó Parlamento de Galicia polo Decreto 225/1997, do 25 de agosto, da Pre

sidencia da Xunta de Galicia, que terán lugar o vindeiro día 19 de outubro do ano que corre, é preciso adopta-las medidas oportunas para facilita-lo exercicio dos dereitos e deberes do persoal ó servicio desta Administración autonómica.

En consecuencia, en virtude do previsto nos artigos 28, 76 e 78 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral e no artigo 14 de Real decreto 421/1991, do 5 de abril, modificado polo Real decreto 563/1993, do 16 de abril, polo que se dictan normas reguladoras dos procesos electorais e demais disposicións concordantes, esta consellería, de conformidade coas facultades que lle confire

o artigo 13 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.

O persoal ó servicio da Administración pública da Galicia que o día das eleccións non desfrute do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído de catro horas libres para exerce-lo seu dereito ó voto, sempre que a súa quenda de traballo, o día 19 de outubro de 1997, coincida, polo menos en catro horas, co tempo no que permanecerán abertas as mesas electorais.

Segundo.

1. O persoal nomeado presidente ou vocal de mesas electorais e os que acrediten a súa condición de interventores teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso retribuído de xornada completa, se non desfrutan en tal data de descanso semanal, e a unha reducción da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.

2. Os que acrediten a súa condición de apoderados teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación, se non desfrutan nese día de descanso semanal.

Terceiro.

Os directores ou xefes de persoal das dependencias onde presta os seus servicios o persoal afectado por esta orde esixiranlle ó mencionado persoal os oportunos xustificantes expedidos polas mesas electorais de que foi exercido o seu dereito ó voto.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7569