Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da hostelería.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector da hostelería, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-8-1997, subscrito en representación da parte económica pola Federación Provincial de Hostelería (FPH), a Asociación de Salas de Fiestas y Recreativos, a Asociación de Empresarios de Hospedaje de la provincia de Pontevedra (Asehospo), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, con data do 18-7-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de agosto de 1997.

F. Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Convenio colectivo provincial de hostelería

1997-1998 e 1999

I. Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal e territorial.

A regulación das condicións de traballo, a través da negociación colectiva contida no presente convenio, rexerá para as empresas e traballadores que, con centros de traballo con sede na provincia de Pontevedra, se dediquen á actividade de hostelería, incluídas as recreativas e de lecer, e carezan de convenio propio.

Artigo 2º.-Vixencia e efectos económicos.

Con independencia da data na que se asine e da súa publicación no BOP, o presente convenio terá vixencia e efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1999.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio colectivo, efectuada por calquera das partes lexitimadas para iso, realizarase por escrito, no que constarán os artigos que se pretenda renegociar, ou a proposta de modificación que se solicita, co que perderán a súa vixencia. Os demais seguirán vixentes un ano máis.

Co fin de evitar un baleiro legal, os artigos denunciados que non teñan cobertura por disposición legal manterán a súa vixencia mentres non se substitúan por outros negociados entre as partes interesadas, e no demais quedarán as relacións entre empresa e traballador suxeitas ó que dispoña a lexislación legal vixente aplicable ó caso.

Da denuncia efectuada conforme o parágrafo primeiro darase traslado, dentro dos tres últimos meses de vixencia do convenio, a cada unha das partes lexitimadas para negociar.

En caso de non efectuarse a denuncia na forma prevista, este convenio prorrogarase de maneira automática en tódolos seus termos por un prazo dun ano e así sucesivamente mentres non se faga a correspondente denuncia.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria con fins de interpretación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio.

Formarán parte dela os vocais que, en representación dos traballadores e empresarios, asinaron de acordo este convenio.

A presidencia da comisión exercerase a través da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e será convocada cando así o solicite calquera das partes.

Artigo 5º.-Partes negociadoras.

Interviñeron na negociación deste convenio, en representación dos traballadores, as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG e, pola parte empresarial, a Federación Provincial de Hostelería (FPH), a Asociación de Salas de Fiestas y Recreativos, e a Asociación de Empresarios de Hospedaje de la Provincia de Pontevedra (Asehospo).

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

A) Durante 1997 a todo traballador respectaráselle como condición máis beneficiosa a cantidade que viñese percibindo, en canto sexa superior á que resulte por aplicación do presente convenio, excluíndo no dito cómputo comparativo anual os importes correspondentes a pluses de: complemento de antigüidade por dereitos adquiridos, transporte mensual, e se non o desfruta efectivamente, os de manutención e aloxamento, conceptos estes que ó non entraren no referido cómputo anual se percibirán con independencia do resultado deste.

B) A todo traballador respectaráselle durante os anos 1998 e 1999 como condición máis beneficiosa a cantidade que viñese percibindo, en canto sexa superior á que resulte por aplicación do presente convenio, e excluiranse no dito cómputo comparativo anual os importes correspondentes a pluses de: complemento de antigüidade, manutención e aloxamento, por dereitos adquiridos o 31-12-1997 e transporte mensual, conceptos estes que, ó non entraren no referido cómputo anual, se percibirán con independencia do resultado deste.

Artigo 7º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto na lexislación e/ou normativa de carácter xeral legalmente vixente en cada momento e aplicable ó caso.

II. Contratacións e cesamentos

Artigo 8º.-Contratacións.

O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral vixente en cada momento, formalizarase por escrito nos supostos que considere a lexislación e conforme a esta, e entregaráselle copia deste contrato ó interesado.

Cando se celebren contratos ó abeiro do artigo 15, apartado b), da Lei 11/1994, do 19 de maio, BOE nº 122 con data do 23-5-1994, estes poderán ter unha duración máxima de 13,5 meses dentro dun período de 18 meses.

Contratos formativos (artigo 11, punto 2, letra c), da Lei do Estatuto dos traballadores (LET). En ningún caso a duración mínima pode ser inferior a 6 (seis) meses nin a máxima superior a 3 (tres) anos

e a súa retribución para o ano 1997 é a fixada para este tipo de contratos nas táboas salariais anexas deste convenio co nivel 28 (vinteoito), sen complementos, por acordo específico das partes negociadoras. Para os anos 1998 e 1999 este importe incrementarase, igual cás táboas salariais no IPC previsto para cada un dos anos 1998 e 1999.

Artigo 9º.-Cesamentos.

O cesamento voluntario por demisión do traballador, nos casos que considera a lei, deberá serlle comunicado á empresa de forma fidedigna cunha antelación mínima de quince días á data na que deba producirse. O incumprimento desta obriga sancionarase por parte da empresa na forma prevista na lei, norma ou regra vixente en cada momento.

Artigo 10º.-Información sindical.

En cumprimento do disposto no artigo 1 da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, e mentres conserve esta a súa vixencia, a empresa virá obrigada a entregarlles ós representantes dos seus traballadores a documentación á que fan referencia os números 1 e 2 do citado artigo, así como a información á que alude o número 3 deste. Os representantes dos traballadores asumen, así mesmo, a obriga de sixilo con respecto ós datos que, en cumprimento das disposicións citadas, obteñan da empresa. O incumprimento desta obriga de sixilo suporá o quebrantamento do segredo profesional.

Artigo 11º.-Liquidacións por cesamento.

A empresa entregará unha proposta de liquidación das cantidades debidas xunto coa comunicación de preaviso de extinción do contrato ou da súa denuncia, cando o traballador o solicite.

Cando o traballador o solicite no momento da sinatura do seu recibo de liquidación (anexo II), a empresa permitirá a presencia dun dos seus representantes nela e, se non o houbese e o traballador o solicita, permitirá a de calquera outro representante legal.

Se estivese no seu dereito e dentro dos prazos previstos pola lei para iso, o traballador poderá efectuar reclamación sobre a súa liquidación, relacionada ó período no que prestou os seus servicios na empresa.

Artigo 12º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo das empresas, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador, non terá outras limitacións cás esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral.

III. Xornada de traballo, licencias, excedencias e vacacións

Artigo 13º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral, durante os anos 1997, 1998 e 1999 fíxase en mil oitocentas horas (1.800) de traballo efectivo en cómputo anual para cada un dos tres anos. A promulgación de disposición oficial que mellore esta producirá a súa inmediata apli

cación desde a data da súa entrada en vigor, aínda que sen efectos retroactivos.

As empresas facilitaranlles ós representantes dos traballadores nelas os cadros horarios laborables xerais cando así o soliciten.

Os excesos no tempo de prestación efectiva, en cómputo anual, compensaranse en tempo libre equivalente ou serán aboados de mutuo acordo entre o traballador e a empresa.

Artigo 14º.-Descanso semanal.

O descanso semanal será de día e medio ininterrompido, e o seu desfrute sinalarao a empresa coa suficiente antelación e non poderá ser variado sen consentimento dos afectados, salvo especiais circunstancias ou necesidades do servicio, mediando, neste caso, aviso ó interesado con tempo suficiente. Isto enténdese sen prexuízo do descanso que teña algún traballador recoñecido e que represente mellora con respecto ó aquí regulado que, en todo caso, se respectará.

O traballador que teña contrato a xornada completa nunha empresa non poderá presta-los seus servicios en ningunha outra do sector. Facelo sería unha competencia desleal e, polo tanto, falta moi grave.

Artigo 15º.-Licencias

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a retribución económica polos motivos e durante o tempo que a seguir se especifica, se é que asiste ó acto que xustifica tal licencia e o acredita:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 3 días naturais en caso de nacemento dun fillo, se reside na mesma localidade do centro de traballo, que se ampliarán a cinco no caso de que resida a máis de 150 km del.

c) 4 días naturais por falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, avós, irmáns e fillos do traballador, sexa o parentesco por consanguinidade ou afinidade, que se ampliará a 8 días cando o suceso teña lugar a máis de 500 km de distancia do centro de traballo.

d) 1 día natural por enfermidade grave de tíos.

e) 1 día natural por primeira comuñón de fillos.

f) 1 día natural por razón de matrimonio de pais, fillos, irmáns e tíos, sexa a relación por consanguinidade ou afinidade. Se a voda se celebra a máis de 150 km do seu domicilio, serán 3 días.

g) Polas horas precisas e con xustificación visada do médico da Seguridade Social que teña asignado cando, por razón de enfermidade, o traballador precise a asistencia a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, sempre que a urxencia o determine, tendo neste caso o traballador que comunicarlle á empresa a dita saída co tempo suficiente de preve-la súa falta.

h) 2 días naturais por falecemento de tíos e sobriños, sexa o parentesco por afinidade ou consanguinidade.

i) 2 días naturais por cambio do seu domicilio habitual, sempre que sexa con traslado dos mobles do dito domicilio, o que deberá xustificarse cunha certificación legal.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións anuais terán unha duración de 30 días naturais. Desfrutaranse de forma ininterrompida se entre empresa e traballador non acordan o seu fraccionamento, e respectaranse as máis amplas que, por norma, costume ou condición máis beneficiosa, viñesen desfrutándose en empresas ou grupos de traballadores.

O seu desfrute deberá efectuarse dentro do ano natural co que se corresponden sen que caiba a súa compensación en metálico, e aproveitaranse para iso as épocas de menor actividade na empresa.

Os traballadores que na data fixada para o comezo das vacacións non completasen unha xornada laboral dun ano de traballo efectivo na empresa, desfrutaranas en proporción ó tempo da xornada efectivamente traballado.

De común acordo entre a empresa e o traballador, as festas aboables e non recuperables traballadas poderán acumularse ás vacacións anuais ou seren desfrutadas como descanso continuado en período distinto. En ámbolos casos respectarase o descanso semanal que corresponda en cómputo anual sen que esta acumulación de festas aboables e non recuperables signifique reducción no tempo de traballo efectivo, que son mil oitocentas horas anuais.

Durante o desfrute das vacacións anuais, o traballador percibirá da empresa o salario real polos distintos conceptos retributivos que lle correspondan. Para o suposto de que a empresa, por necesidades do servicio, substituíse o persoal en vacacións, a retribución do substituto correrá a cargo da empresa.

Artigo 17º.-Excedencia voluntaria.

O persoal afectado polo presente convenio coa antigüidade mínima na empresa establecida na lexislación vixente en cada momento, terá dereito a unha excedencia voluntaria de duración non inferior a un mes nin superior a cinco anos.

Se un mes antes de remata-la excedencia, o traballador solicitase a súa reincorporación, a empresa obrígase a readmitilo á finalización dela, sempre que houbese vacante e, neste caso, con igual antigüidade cá que tiña recoñecida ó inicio da concesión da excedencia.

Ata transcorridos catro anos desde a finalización do desfrute desta excedencia voluntaria á que ten dereito, o traballador non poderá solicitar outra excedencia.

O traballador que durante o desfrute da excedencia exerza actividade que concorra coa da empresa ou lle faga competencia, salvo que a actividade profesional se leve a cabo no estranxeiro, perderá o seu dereito de reincorporación a ela.

IV. Seguridade e hixiene

Artigo 18º.-Comedores e vestiarios.

As empresas que teñan persoal con dereito a manutención, adquirido antes do 31-12-1997 ou mentres non venza o seu contrato se foi asinado antes desa data, facilitaranlles un lugar digno e axeitado para uso como comedor dos traballadores, que o manterán limpo e en perfectas condicións de utilización.

En iguais condicións disporán de vestiarios e duchas.

Artigo 19º.-Recoñecemento médico.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán o dereito e a obriga de someterse ó máis amplo e detallado recoñecemento médico, polo menos, unha vez ó ano, en data que determine a empresa e de acordo cos representantes dos seus traballadores, se os houber, e non será a cargo dos traballadores o custo do citado recoñecemento.

V. Dereitos sindicais de representación

Artigo 20º.-Organización sindical dos traballadores na empresa.

As empresas considerarán os sindicatos debidamente implantados no seu seo como elementos básicos para canaliza-las relacións entre traballadores e empresa.

En consecuencia, as empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores que o desexen a sindicárense libremente, e non será isto un obstáculo para a súa contratación.

As empresas recoñecen o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato a celebraren reunións, recadaren cotas e distribuíren información sindical fóra das horas e lugar de traballo e sen perturbaren a normal actividade das empresas.

En tódalas empresas de máis de 25 traballadores deberá existir un taboleiro de anuncios no que os sindicatos debidamente implantados nela poderán dar publicidade a informacións e comunicacións non contrarias á lei ou que danen e/ou prexudiquen a empresa.

Artigo 21º.-Representantes dos traballadores.

Os comités de empresa e delegados de persoal terán os dereitos, facultades e obrigas que sobre a materia determine a lexislación vixente en cada momento.

Artigo 22º.-Garantía dos representantes dos traballadores.

Os membros do comité de empresa e delegados do persoal non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio legal das súas funcións se a causa do despedimento ou sanción se basea precisamente neste exercicio legal da súa representación, nin por tal causa, no ano inmediatamente seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou demisión.

Se o despedimento ou sanción por faltas moi graves ou graves obedecese a outras causas, deberá tra

mitarse expediente contradictorio no que serán oídos, ademais do interesado, o comité de empresa ou os restantes delegados de persoal, se os houber.

Os citados representantes dos traballadores non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica por causa do desempeño da súa representación.

Artigo 23º.-Crédito horario.

Os membros do comité de empresa e delegados do persoal poden dispor dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, que xustificarán ante a empresa, conforme a seguinte escala, fixada en función do número medio de traballadores do centro de traballo respectivo:

-Ata 50 traballadores, quince (15) horas en total.

-Máis de 50 traballadores, vinte (20) horas en total.

As horas establecidas para os delegados sindicais serán acumuladas durante o ano en cómputo semestral procurando que durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, se realice o menor número de actividades sindicais.

Non se computará dentro do crédito anual máximo legal o exceso de tempo que sobre el se produza con motivo da designación dos delegados de persoal ou membros do comité de empresa como compoñentes de comisións negociadoras de convenios, polo ámbito de aplicación dos cales se atopen afectados a empresa e os representantes sindicais, sempre que se utilice para asistir á celebración de sesións oficiais de tales negociacións e se lle notifiquen con tempo suficiente á empresa as datas de tales reunións, co fin de preve-la súa falta do posto de traballo.

VI. Salario e complementos

Artigo 24º.-Salario.

O salario bruto mensual dos traballadores afectados por este convenio durante 1997 é o do nivel salarial que lle corresponda á súa categoría profesional dentro da que teña o establecemento no que traballe e segundo a sección á que pertenza o dito establecemento, de acordo coas táboas salariais por niveis anexas a este (anexo I), que se obtiveron incrementando ás do ano 1996 o 2,6% previsto polo Goberno como inflación para este ano.

Para 1998 o salario bruto base mensual para os traballadores afectados por este convenio será o resultante de lles incrementar ás táboas salariais de 1997 o IPC previsto polo Goberno para ese ano 1998.

Para 1999 o salario bruto base mensual para os traballadores afectados por este convenio será o resultante de lles incrementar ás táboas salariais de 1998 o IPC previsto polo Goberno para ese ano 1999.

Artigo 25º.-Revisión salarial.

No ano 1998, tan pronto se coñeza a cifra real do IPC ó 31 de decembro de 1997, se este superase o aplicado como suba nas táboas salariais e no importe correspondente ó plus de antigüidade por dereitos adquiridos dese ano, ambos serán revisados e regularizados conforme a el, servindo de base os novos impostos para calcula-las táboas salariais e os importes de antigüidade por dereitos adquiridos para 1998.

No ano 1999, tan pronto se coñeza a cifra real do IPC ó 31 de decembro de 1998, se este superase o aplicado como suba nas táboas salariais e no importe correspondente ó plus de antigüidade por dereitos adquiridos dese ano, ambos serán revisados e regularizados conforme a el, servindo de base os novos importes para calcula-las táboas salariais e os importes de antigüidade por dereitos adquiridos para 1999.

No ano 2000, tan pronto se coñeza a cifra real do IPC ó 31 de decembro de 1999, se este superase o aplicado como suba nas táboas salariais e no importe correspondente ó plus de antigüidade por dereitos adquiridos dese ano, ambos serán revisados e regularizados conforme a el, servindo de base os novos importes para calcula-las táboas salariais e os importes de antigüidade por dereitos adquiridos para o ano 2000.

Artigo 26º.-Garantía de salario mínimo.

Se como consecuencia da modificación legal da contía de salarios mínimos interprofesionais os traballadores dalgunha categoría percibisen, en cómputo anual, retribución inferior á que lles correspondería pola aplicación daqueles, procederase a adapta-la súa retribución ó novo importe desde a mesma data de entrada en vigor da citada modificación legal.

Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.

Para 1997 establécense como gratificacións extraordinarias as de xullo, decembro e setembro, que se aboarán os días 15 de cada un dos meses citados, pola contía dunha mensualidade de salario base as dúas primeiras, e 15 días de salario base a terceira, máis, se é o caso, o mesmo importe correspondente ó complemento de antigüidade por dereitos adquiridos que o traballador viñese percibindo en 1996, incrementado no 2,6%.

Para 1998 establécense como gratificacións extraordinarias as de xullo, decembro e setembro, que se aboarán os días 15 de cada un dos meses citados, pola contía dunha mensualidade de salario base as dúas primeiras, e 20 días de salario base a terceira, máis, se é o caso, o mesmo importe correspondente ó complemento de antigüidade por dereitos adquiridos que o traballador viñese percibindo en 1997, incrementado co IPC previsto para o ano 1998.

Para 1999 establécense como gratificacións extraordinarias as de xullo, decembro e setembro, que se aboarán os días 15 de cada un dos meses citados, pola contía dunha mensualidade de salario

base as dúas primeiras, e 25 días de salario base a terceira, máis, se é o caso, o mesmo importe correspondente ó complemento de antigüidade por dereitos adquiridos que o traballador viñese percibindo en 1998, incrementado co IPC previsto para 1999.

Para o ano 2000 establécense como gratificacións extraordinarias as de xullo, decembro e setembro, que se aboarán os días 15 de cada un dos meses citados, pola contía dunha mensualidade de salario base cada unha, máis, se é o caso, o mesmo importe correspondente ó complemento de antigüidade por dereitos adquiridos que o traballador viñese percibindo en 1999.

O traballador que non teña un ano de traballo efectivo ó servicio da empresa cobrará cada gratificación proporcionalmente ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 28º.-Plus de nocturnidade.

As horas traballadas entre as 0 e as 8 horas terán a consideración de nocturnas e consecuentemente retribuiranse cun incremento do 25% sobre a contía do salario base que se deriva das táboas de niveis salariais do anexo I, salvo no caso dos empregados que fosen contratados especificamente para desempeña-lo seu traballo nesas horas.

Artigo 29º.-Complemento de antigüidade.

O complemento de antigüidade percibirano unicamente aqueles traballadores que á entrada en vigor deste convenio o teñan recoñecido nas súas nóminas como complemento de antigüidade por dereitos adquiridos ó 31-12-1993, o cal se incrementará durante a vixencia do presente convenio co 2,6% en 1997 e o IPC previsto en cada un dos anos 1998 e 1999.

Os traballadores que non tivesen recoñecido en nómina o dito complemento con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1994 non a xerarán.

Artigo 30º.-Persoal con dereito a manutención e/ou aloxamento.

O persoal que o 31-12-1997 tivese recoñecido na súa nómina ou contrato de traballo dereito a manutención e/ou aloxamento, continuarao desfrutando en iguais condicións que ata a data ou ata que lle venza o contrato temporal, en caso de o asinar antes dela se non acordan a súa modificación entre empresario e traballador. Aqueles que non tivesen recoñecido tal dereito non o xerarán.

Artigo 31º.-Manutención e aloxamento.

O persoal que o 31-12-1997, de acordo co artigo 72 da derrogada ordenanza laboral, tiña dereito a complemento de retribución en especie, por manutención e/ou aloxamento, seguirao percibindo en metálico ou en especie e durante os días en que preste os seus servicios, igual que o viña facendo polo concepto de dereitos adquiridos.

O importe mensual en metálico por cada un dos citados complementos, para aqueles que tivesen ese dereito adquirido o 31-12-1997, establécese en:

-Por manutención: catro mil cincocentas noventa e cinco (4.595) ptas.

-Por aloxamento: duascentas sesenta e seis (266) ptas.

Aqueles que o 31-12-1997 non tivesen recoñecido este dereito na súa nómina non o adquirirán a posteriori, polo que a empresa que non lles dea a manutención ós traballadores, sempre que estes non teñan xornada continuada, establecerá un tempo de dúas horas entre saída dunha quenda e entrada noutra para o xantar. Os de quenda seguida disporán para xantar do tempo que marque a lei en cada momento.

VII. Outras retribucións

Artigo 32º.-Plus de transporte.

Mantense, con carácter xeral e para todo o persoal con dereito a el, o plus de transporte na contía de seis mil catrocentas once (6.411) ptas. mensuais.

Artigo 33º.-Complemento por IT.

Cando o traballador teña unha antigüidade mínima na empresa de seis meses e cause baixa por enfermidade común ou accidente non laboral, sempre que a empresa non contrate outro traballador para substituílo durante o período da súa baixa, a partir do vixésimo primeiro día de baixa, a empresa obrígase a complementa-lo salario que aboe a S.S. segundo a base de cotización ata o 100% do importe do salario deste convenio a excepción dos complementos de antigüidade por dereitos adquiridos, que será aboada polo 75% da súa base de cotización, e extrasalariais que non se aboarán, agás aquelas gratificacións especiais que reciba o traballador mensualmente de forma ininterrompida desde antes do 31-12-1990 e polas que a empresa cotiza á S.S., que se aboarán na forma acostumada ó 100%.

No suposto de enfermidade profesional, accidente laboral ou hospitalización do traballador, a empresa aboará o citado complemento desde o primeiro día de baixa nos dous primeiros casos, ou desde o día da hospitalización e mentres dure esta no terceiro, sen ter en conta a contratación do suplente.

Artigo 34º.-Xubilación.

Todo o persoal afectado polo presente convenio pasará, ó cumpri-los 65 anos de idade, sempre que teña acreditados 15 anos de cotización á Seguridade Social na súa vida activa, á situación de xubilación ou causará baixa na empresa. En caso de non ter cotizados os 15 anos, a xubilación ou baixa será a vontade do traballador ata a data en que cotice os citados 15 anos ou acade a idade de xubilación obrigatoria por lei.

Os traballadores en activo que teñan cumpridos os 65 anos quedan incursos neste artigo. As empresas que reduzan os seus postos de traballadores fixos por xubilacións obrigatorias ós 65 anos, cubrirán cada posto de baixa con outro traballador, polo menos durante 3 meses ó ano, sempre que a situación económica da empresa o permita.

Ós traballadores que cesen na empresa por invalidez permanente, por falecemento, neste suposto baixo as condicións que se indicarán ou por xubi

lación ó cumpri-los 65 anos, neste caso se non crean calquera tipo de conflicto para dilatala ou evitala, aboaráselles como premio en función dos anos acreditados de permanencia nela, os seguintes importes:

-Dos 5 ós 9 anos: 1 mensualidade.

-Dos 10 ós 14 anos: 2 mensualidades.

-Dos 15 ós 19 anos: 3 mensualidades.

-Con máis de 20 anos: 4 mensualidades e unha máis por cada 5 anos que excedan dos vinte de referencia.

No caso de falecemento, será preciso para o aboamento á súa viúva ou ós seus fillos menores de 18 anos ou maiores de tal idade incapacitados para o traballo, que o traballador contase, polo menos, con cincuenta e cinco anos de idade e levase como mínimo 10 anos de servicio ininterrompido na empresa no momento do seu óbito.

O importe das mensualidades farase efectivo sobre o salario mensual do traballador, se estivese en activo no momento do seu falecemento, e se en tal data se encontrase en situación de baixa por IT, invalidez provisional, ou calquera outro motivo de saúde, calcularase sobre o salario base que lle correspondería percibir de se encontrar en activo.

Se o traballador causa baixa en forma voluntaria ós 64 anos, recibirá, á parte do que lle corresponda polos seus anos de servicio na empresa, unha mensualidade máis, e se o fixese ós 63 anos, dúas mensualidades máis.

Cláusula adicional primeira.-Créase un complemento salarial por dereitos adquiridos nas seguintes categorías:

-Os mozos dos recados menores de 18 anos de 1ª e 2ª da sección 7ª percibirán un complemento de 9.852 ptas., e os de 3ª e 4ª un complemento de 7.151 ptas., se o 31-12-1994 estaban en activo e con contrato indefinido. Os que accederon a estas categorías en data posterior ó 1-1-1995 percibirán o salario correspondente ó nivel 27 das táboas do anexo I, tal como se acordou no seu día.

-Aprendices de 16 a 18 anos da sección 3ª en activo e con contrato indefinido ó 31-12-1994 percibirán un complemento de 1.686 ptas. Os que accedesen a esta categoría desde o 1-1-1995 farano percibindo o salario correspondente ó nivel 27 das táboas do anexo I tal como se acordou no seu día.

-Conserxes de noite dos establecementos de 2 estrelas na sección 1ª en activo e con contrato indefinido ó 31-12-1994 percibirán un complemento de 5.000 ptas., que será a extinguir desde esa data, a razón de 1.000 ptas./ano, polo que durante a vixencia deste convenio este complemento é de: ano 1997, 3.000 ptas.; ano 1998, 2.000 ptas.; e ano 1999, 1.000 ptas.; para o ano 2000 non lles corresponde suplemento ningún. Os que accederon a esta categoría desde o 1-1-1995 percibirán o salario correspondente ó nivel 21 das táboas do anexo I, tal como se acordou no seu día.

-Encargado de economato e adegueiro dos establecementos de 2 estrelas na sección 1ª en activo e con contrato indefinido o 21-12-1994, percibirán un complemento de 3.000 ptas. que será a extinguir a razón de 1.000 ptas./ano, polo que para 1997 lles corresponde percibir 1.000 ptas., quedando extinguido desde o 1-1-1998. Os que accederon a esta categoría desde o 1-1-1995 percibirán o salario correspondente ó nivel 21 das táboas do anexo I, tal como se acordou no seu día.

ANEXO III

CASINOS RECREATIVOS E SALAS DE FESTAS

Será de aplicación ás actividades desenvolvidas polas empresas deste apartado o establecido neste convenio provincial de hostelería, a excepción dos artigos 27º gratificacións extraordinarias, 30º persoal con dereito a manutención e aloxamento e 34º xubilación.

Ademais para este tipo de establecemento rexerán as cláusulas A, B, C, D e E máis abaixo indicadas.

A) Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal que preste o seu servicio nos casinos e sociedades recreativas terá dereito á percepción, ademais das gratificacións extraordinarias preceptivas de xullo e Nadal, a unha paga extraordinaria o día 31 de xaneiro e o día 31 de outubro de cada ano sen distinción de categorías nin actividades.

As referidas gratificacións aboaranse sobre unha mensualidade de salario real en cada unha, entendéndose por el, o salario base máis tódolos complementos retributivos que normalmente veñan percibindo os traballadores, ben entendido que no dito cómputo non entra o plus de transporte.

As salas de festa aboarán estas pagas nas condicións do convenio xeral. As ditas gratificacións extraordinarias poderán ser compensadas e absorbidas pola empresa en cómputo anual con aqueloutras gratificacións extraordinarias que voluntariamente viñesen aboándoselles ós traballadores destas empresas.

B) Antigüidade.

Os traballadores que na data da entrada en vigor do presente convenio viñan percibindo mensualmente algunha cantidade por antigüidade, seguirana percibindo incrementada no IPC previsto de cada un dos anos de vixencia deste convenio (1997, 1998 e 1999), figurando na súa nómina o mesmo concepto de complemento de antigüidade que figuraba antes.

O resto do texto do artigo 29º é integramente válido para os traballadores destas empresas.

C) Xubilación.

A todo traballador que cese na empresa, tanto por xubilación como por pasar a situación de invalidez permanente, que teña máis de 5 anos de vinculación á empresa, esta aboaralle o equivalente a 2 meses de salarios, e se leva máis de 10 anos aboaralle un total de 6 meses.

Esta cantidade percibiraa a viúva se o traballador falece antes de se xubilar e cumprise no momento do seu óbito 55 anos e levase 10 anos ininterrompidos ó servicio da empresa no momento da súa morte e, no seu defecto, os orfos menores de 18 anos ou de máis de 18 se están incapacitados para o traballo.

D) Categorías.

Establécense como específicas do sector as categorías laborais indicadas nos establecementos da sección 6ª, as cales terán o nivel salarial correspondente ó aquí sinalado.

E) Xornada laboral.

Recoñécese expresamente que no sector de salas de festas, discotecas e salas de espectáculos a xornada laboral é parcialmente nocturna.

ANEXO II

COMUNICACIÓN DE CESAMENTO E LIQUIDACIÓN

En o

Sr.:

Moi Sr./a noso/a:

Consonte o estipulado no artigo 11º do vixente convenio provincial de hostelería aplicable ó caso e dando cumprimento do establecido pola lei, máis abaixo indicámoslle a proposta de liquidación das cantidades que lle corresponde recibir pola rescisión da súa relación laboral coa nosa empresa, co fin de que vostede a examine; tamén lle comunicamos que pase pola nosa oficina para cobra-lo importe da referida liquidación que nese momento deberá asinar.

ConceptosImportes

Total líquido que percibirá...

Sen outro particular e agradecéndolle a sinatura deste impreso, polo que se dá como informado desta comunicación para os efectos de acredita-la súa recepción, saudámolo atentamente,

Recibín e doume por informado

Asdo.:

LIQUIDACIÓN

Don/dona.... recibín de... a cantidade de... pesetas, segundo o detalle máis abaixo indicado; co seu importe quedo totalmente saldado e liquidado; xa que logo, a empresa, na que con esta data causo baixa, non me debe nada, e polo tanto non me asiste ningún dereito para formular posteriores reclamacións.

Desagregación da liquidación por conceptos aboables

ConceptosImportes

Total líquido que percibirá...

Lugar e data...

Recibín e conforme

Asdo.:

Descrición de establecementos por seccións

Sección 1ª. Hoteis e balnearios, de 5, 4, 3, 2 e 1 estrela.

Sección 2ª. Hostai, pensións, fondas e casas de hóspedes, de 3, 2 e 1 estrela.

Sección 3ª. Restaurantes, hamburgueserías, pizzerías, self servicies de hostelería e similares, de 5, 4, 3, 2 e 1 garfo.

Sección 4ª. Cafeterías, de 3, 2 e 1 cunca.

Sección 5ª. Bares, cervecerías, chocolaterías, bares americanos e whiskerías, 1ª, 2ª e 3ª/4ª.

Sección 6ª. Salas de festas, discotecas, etc., de categoría única.

Sección 7ª. Casinos e sociedades recreativas, de 1ª/2ª e 3ª/4ª.

Sección 8ª. Billares, de categoría única.

Táboa salarial ano 1997

Nivel

Salario mensual

96+2,6% IPC 1997

1143.358
2138.154
3135.500
4130.721
5128.597
6127.004
7124.881
8122.757
9120.102
10117.978
11115.854
12114.262
13112.138
14110.014
15107.359
16105.235
17103.642
18100.988
19 99.395
20 97.271
21 95.147
22 93.023
23 90.369
24 88.245
25 86.652
26 83.997
27 52.140
28 67.198

Establecementos da sección 1ª

Hoteis e hoteis balnearios

Categorías profesionais5X4X3X2X1X

Recepción, conserxería

e administración

Xefe recepción e Contab. Xral.34600
Xefe 2ª recepción e caixa11141600
Interv. e oficial Admtvo.1618202224
Recepcionista1416182022
Axte. Recp. e Port. Serv.1820222325
Auxiliar Admtvo.2123242524
Aprendiz de 16 a 18 anos2727272727
Telefonista de 1ª2022242526
Telefonista de 2ª2123252526
Contable3691114

Categorías profesionais5X4X3X2X1X

Primeiro conserxe de día1618202223
Segundo conserxe de día1921222324
Conserxe de noite1921212223
Int./Ord. Sal./Vix. noite/Axt. Coc.2323242424
P. Acs./P. Cche./M. Asc./Bot. 182626262626
Mozos dos recados 16 a 18 anos2727272727
Contratos formativos2828282828

Persoal de restauración

Xefe de cociña111214
Salseiro (2º xefe)7891016
Xefe de partida910111317
Cafeteiro2224242526
Cociñeiro1011131420
Axte. Coc., Caf. e marmitón2424252626
Reposteiro1618202026
Encarg. economato e adegueiro1618202122
Pinche2425252526
Fregadora2626262626
Apdiz. cociña 16 a 18 anos2727272727
Xefe de comedor111214
2º xefe de comedor7891019
Xefe de sector910111317
Camareiro e sumiller1011131420
Axte. camareiro2224242526
Aprendiz camareiro 16 a 18 anos2727272727
Contratos formativos2828282828

Persoal de pisos-limpeza

e lavandería

Camareiro de pisos101113
Encarg. xeral (gobernante)1115162021
Sub-gobernanta2021222326
Camareira de pisos2425252626
Encarg. lencería e lavandería2021222323
Pa./Cos./Zur./Len./Lav./Lim., etc.2626262626
Contratos formativos2828282828

Persoal servicios auxiliares

Encargado traballos1415182021
Mecánico ou calefactor1618202224
Axt. Meca. ou Calef. Elect.2223242526
Eba./Carb./Elec./Alb./pintor1920212226
Conductor (chofer) xardín1819202122
Garda do exterior2324242626
Axt. Eb. Car. Pint. Font.2425262626
Contratos formativos2828282828

Establecementos da sección 2ª

Hostais, pensións, fondas e casas de hóspedes

Categorías profesionais3X2X1X

Recepción, conserxería e administración

Primeiro conserxe de día222222
Segundo conserxe de día232424
Conserxe de noite222324
Axte. conserxe242424
Ascensorista máis 18 anos262626
Vixilante de noite242626
Mozos dos recados 16 a 18 anos272727
Caixeiro22
Telefonista242424
Recepcionista222222
Aprendiz 16 a 18 anos272727
Contratos formativos282828

Persoal de restauración

Xefe de cociña21414
Primeiro cociñeiro142020
Axte. Coc. Freg. Limp.262626
Xefe de comedor21414
Segundo xefe de comedor101616
Camareiro142020
Axte. camareiro252526
Aprendiz 16 a 18 anos272727
Contratos formativos282828

Persoal pisos-limpeza e lavandería

Encargada de pisos232425
Camareira de pisos262626
Encarg. Lence. e Lavand.202122
Pi./Co./Le./Zu./Li./Moza Limp.262626
Contratos formativos282828

Categorías profesionais3X2X1X

Persoal servicios auxiliares

Mecánico ou calefactor242424
Conduc. chofer, xardineiro242424
Contratos formativos282828

Establecementos da sección 3ª

Restaurantes, hamburgueserías, pizzerías, self

services de hostelería e similares

Categorías profesionais5 garfos4 garfos3 garfos2 garfos1 garfos

Persoal de restauración

Xefe de cociña112214
Salseiro (2º xefe)7891016
Xefe de partida910111317
Cafeteiro2224242526
Cociñeiro1012131420
Axte. Coc., Cal., marmitón2424252626
Reposteiro1618202124
Encarg. economato e adegueiro1618202124
Pinche2425252626
Fregadora2626262626
Apdiz. cociña 16 a 18 anos2727272727
Xefe de comedor112214
2º xefe de comedor7891016
Xefe de sector910111317
Camareiro e sumiller1012131420
Axte. camareiro2224242526
Aprendiz camareiro 16 a 18 anos2727272727
Contratos formativos2828282828

Persoal de varios

Contable Xral.911182222
Caixero Com. Adeg.2324242426
Telefonista2324252626
Vixil. noite, porteiro2324242526
Mozo dos recados máis 18 anos2626262626
Aprendiz 16 a 18 anos2727272727
Limp./Lav./Zurz./Pranch.2626262626
Contratos formativos2828282828

Establecementos da sección 4ª

Cafeterías

Persoal3 cuncas2 cuncas1 cunca

Primeiro encargado4914
Segundo encargado91418
Dependente141822
Axudante232426
Aprendiz 16 a 18 anos272727
Pranchista e cociñeiro202122
Axudante de pranchista242526
Repost. encargado almacén202122
Fregadora262626
Axte. reposteiro242526
Teléf./mozo almacén222326
Conductor-porteiro222424
Contable141822
Caixeiro, Aux. Admtvo., Aux. caixa232426
Contratos formativos282828

Establecementos da sección 5ª

Bares, cervecerías, chocolaterías, xeladerías,

bares Amer., whiskerías

Categorías profesionais

Especial

ou única

Prim.

Seg.

Ter./

Cuar.

Persoal varios

Reposteiro

202122
Oficial reposteiro212223
Axte. Rep./Coci. Caf./Adeg.242526
Caixeiro, Telef. e Vix. noite242526
Mozo dos recados ata 18 anos272727
Contable141822
Freg. limpadora262626
Contratos formativos282828

Categorías profesionais

Especial

ou única

Prim.

Seg.

Ter./

Cuar.

Persoal restauración

Primeiro encargado mostrador101416
Segundo encargado mostrador141820
Dependente 1ª182223
Dependente 2ª232526
Apdiz. 16 a 18 anos272727
Xefe de sala9141516
Camareiro14181920
Axte. camareiro23242424
Barman4
Seg. barman11
Axte. barman22
Apdiz. barman 16 a 18 anos27
Contratos formativos28282828

Tabernas

Dependente 1ª22
Dependente 2ª23
Apdiz. 16 a 18 anos27
Contratos formativos28

Establecementos da sección 6ª

Salas de festas, discotecas e similares

Categorías profesionaisCateg. única

Persoal de administración

Xerente4
Xefe de administración12
Oficial administrativo24
Auxiliar administrativo24
Contratos formativos28

Persoal técnico

Encargado ou maitre4
Encargado de barra4
Camareiro12
Axte. Aux. de camareiro18
Disc-jockey e Relac. públicas18
Vendedor de billetes e gardarroupa22
Persoal de limpeza26
Almaceneiro e Pers. Mantem.26
Porteiro21
Contratos formativos28

Establecementos da sección 7ª

Casinos e sociedades recreativas

Categorías profesionaisPrim./Seg.Ter./Cuar.

Persoal de oficinas Cont.

Xefe 1ª

713
Xefe 2ª1319
Oficial 1ª1319
Oficial 2ª1923
Auxiliar1924
Aspirante menor 18 anos2626
Bibliotecario1318
Contratos formativos2828

Persoal subalterno

Conserxe1620
Cob./Axte. Con.-Cam. Enc. sala1923
Ord. Sal.-Port. Acc. e Serv.2125
Tel. Vix. noite e xardineiro2125
Ate. Camar./Bot. máis 18 anos2226
Limpadora2626
Mozo dos recados menor 18 anos2626
Contratos formativos2828

Establecementos da sección 8ª

Categorías profesionaisÚnica

Billares

Encargado sala

20
Mozo billar24
Axudante26
Mozo dos recados/Apdiz. 2º ano26
Limpadora26
Contratos formativos28

6811