Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.809

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997, do tribunal III-1A, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 11 (encargado/a agrario/a, encargado/a agrario/a gandería) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 9 de outubro de 1997 polo tribunal III-1A, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 11 (encargado/a agrario/a, encargado/a agrario/a gandería) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, 12 de decembro), acordouse:

1º Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 11 (encargado/a agrario/a, encargado/a agrario/a gandería) do grupo III terá lugar o día 18 de novembro de 1997 ás 17 horas na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 (Polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela (A Coruña).

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1997.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal

8536