Na sesión que realizou o día 30 de outubro de 1997 o tribunal I-1A designado para avalia-las probas selectivas para o acceso ás categorías (6) psicólogos, (11) pedagogos e (23) documentalistas do grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, 12 de decembro), pola que se procede a fixa-la data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas, acordouse que:
1º O primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría (11) pedagogos do grupo I terá lugar o día 22 de novembro de 1997 ás 11 horas na aula nº 5 da Escola Galega de Administración Pública, sita na r/ Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela.
Ás 10.30 horas comezará o chamamento para que os opositores entren no lugar onde se realizará o exercicio.
2º O primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría (23) documentalistas do grupo I terá lugar o día 22 de novembro de 1997, ás 11 horas na aula nº 17, da Escola Galega de Administración Pública sita na r/ Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela.
Ás 10.30 comezará o chamamento para que os opositores entren no lugar onde se realizará o exercicio.
3º O primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría (6) psicólogos do grupo I terá lugar ó día 29 de novembro de 1997, ás 17 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais situada na Avda. Xoán XXIII, Campus Universitario Norte de Santiago de Compostela.
Ás 16.30 horas comezará o chamamento para que os opositores entren no no lugar onde se realizará o exercicio.
4º Os aspirantes deberán presentarse provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do número 2 e goma de borrar.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.
Jesús García Porto
Presidente do tribunal
8533