Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.866

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de outubro de 1997 pola que se autoriza o cambio de denominación ó Instituto de Bacharelato número 5 Finca Sevilla de Ourense.

Tendo en conta o artigo 3º, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o

Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG 156, do 9-8-1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Código do centro: 32016273.

Denominación: Instituto de Bacharelato nº 5 Finca Sevilla de Ourense.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Xesús Ferro Couselo.

8198