Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da concesión de explotación denominada Cillarga, número 2668, da provincia de Pontevedra.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter á información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude de concesión de explotación denominada Cillarga nº 2668, situada nos concellos de Mos e Ponteareas, provincia de Pontevedra, e solicitado por Gravas y Áridos de Xinzo, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar do estudio para consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7478