Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/183-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. 20 kV, C.T., R.B.T. Guxín.

Situación: Ponteceso.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e conductor LA-56 de 33 m de lonxitude, con orixe na liña Nemeño-Corme e final no C.T. que se vai instalar en Guxín. Centro de transformación aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Guxín, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.226 m de lonxitude en Guxín. Concello de Ponteceso.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 8 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8329