Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/105-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: ampliación dun módulo de 66 kV Zas, subestación Vimianzo.

Situación: Vimianzo.

Descricións técnicas: proxecto de ampliación da subestación a 66 kV, de Vimianzo, consistente en: ampliación dun módulo de liña de 66 kV denominado Zas, derivando do pórtico de amarre conductores Al-AC de 455 mm ata o novo módulo, cos seguintes aparellos: seccionador e interruptor trifásicos a 72,5 kV, trafos de tensión e intensidade, cos equipos de mando, control, mediad e protección. Vimianzo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 8 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8328