Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/106-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T.

Situación: Fornos e Piaxe. Concello de Negreira.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, que parten da liña denominada Neiro-Marcelle:

-De 284 m de lonxitude e final no C.T. que se vai instalar en Piaxe.

-De 35 m de lonxitude e final no C.T. que se vai instalar en Fornos.

Centros de transformación aéreos, sobre apoios de formigón de 50 kVA en Piaxe e de 100 kVA en Fornos, con tensións de 20/0,380-0,220 kV, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e pasadas sobre fachada de 3.311 m de lonxi

tude en conductor R.Z. e discorrendo polos lugares de Piaxe, Fornos, Portocamiño e Cornovo. Negreira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 10 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8357