Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 97/037 e 97/042.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989) por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorrer algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta donsellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para poderen examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potes

tade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 16 de outubro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Procedemento sancionador: EN 97/037.

Denunciado: Piñeiro Bermúdez, Julio.

DNI: 35.420.699.

Último enderezo coñecido: Cordeiro Ferreiros-Valga, Pontevedra.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación infracción Lei 4/1989, de CEN:

Artigo infrinxido: 38.13º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

-Procedemento sancionador: EN 97/042.

Denunciado: Carro Salgado, Manuel.

DNI: 33.264.365.

Último enderezo coñecido: Carracedo, 60, Gorgullón, Caldas de Reis, Pontevedra.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación infracción Lei 4/1989, de CEN:

Artigo infrinxido: 38.13º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

8634