Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das asistencias técnicas seguintes: realización da enquisa de coellos 1997 e actualización dos directorios de granxas, matadoiros e fábricas de pensos de coellos e outra máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación das asistencias técnicas que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para elas. O orzamento, fianza provisional, fianza definitiva e clasificación serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Estudios e Publicacións da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 9 de decembro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 12 de decembro de 1997, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Realización da enquisa de coellos 1997 e actualización dos directorios de granxas, matadoiros e fábricas de pensos de coellos.

Orzamento: 3.200.000 ptas.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 128.000 ptas.

Clasificación: non é necesaria.

2. Realización de 800 exemplares do libro ANUARIO DE ESTATÍSTICA AGRARIA 1996.

Orzamento: 3.000.000 de ptas.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 120.000 ptas.

Clasificación: non é necesaria.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

8630