Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de cafetería nos seguintes centros dependentes desta delegación provincial: Residencia 3ª Idade do Meixoeiro, Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo, Residencia da 3ª Idade de Marín, Fogar da 3ª Idade de Vigo, Centro Social de Vilagarcía, Centro Social de Bouzas, Centro Social de Coia, Centro Social de Teis e Centro Social de Baiona.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial en virtude do disposto na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación dos servicios de cafetería nos seguintes centros dependentes desta delegación provincial:

* Centros: Residencia 3ª Idade do Meixoeiro, Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo, Residencia da 3ª Idade de Marín, Fogar da 3ª Idade de Vigo, Centro Social de Vilagarcía, Centro Social de Bouzas, Centro Social de Coia, Centro Social de Teis y Centro Social de Baiona.

* Canon mínimo de explotación: 12.000 ptas. (doce mil pesetas) anuais.

* Prazo de execución: 1 ano prorrogable por períodos anuais.

* Clasificación do contratista: non se esixe.

* Garantía provisional: non se esixe.

* Forma de tramitación: urxente.

* 1º Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demáis documentación técnica, poderá ser examinada nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de 10 a 14 horas nos días hábiles.

* 2º Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

* 3º Lugar: a presentación de propostas farase no rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, avenida Cánovas del Castillo s/n, en sobres pechados ou por correo

con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

* 4º Prazo de presentación de propostas: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará ós 13 días naturais ás 14 horas.

* 5º Documentación que deberán presenta-los licitadores: o licitador presentará en sobre pechado e asinados por el, a solicitude para participar, así como a documentación personal e referencias técnicas descritas no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

* 6º Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

* 7º Apertura de propostas: será realizada pola mesa de contratación o décimo primeiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra nas súas dependencias en Vigo, avenida Cánovas del Castillo s/n ás 9 horas en acto público.

Se coincidiese ese día en sábado ou festivo, reuniranse o primeiro día hábil seguinte.

* 8º O pago deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 28 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra

8342