Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 11 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15/514/1997, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente número 15/514/1997, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións considere convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-514/1997.

Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.

Domicilio: Alcalde Lens, 20-B, A Coruña.

Motivos: deficiente prestación dun servicio.

Data da iniciación: 30-6-1997.

A Coruña, 11 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo

8395