Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 11 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución de expediente sancionador 15/812/1996, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente 15-812/1996, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir desta notificación.

Se non fose recorrida no dito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta número 3110000179 da Caixa Galicia (2091), urbana 10 (0011) da Coruña.

Expediente: 15-812/1996.

Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.

Domicilio: Urb. Soto, calle A, 185 B, A Coruña.

Sanción e motivos: deficiente prestación dun servicio. 200.000 ptas.

Data da resolución: 30-7-1997.

A Coruña, 11 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo

8382