Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Notifícaselles ós interesados, que a continuación se relacionan, aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos enderezos expresados, correspondentes a resolucións desestimatorias de recurso ordinario e notificación de liquidación de importe reclamado e resolucións de modificación de concesión de subsidiación recaídas en expediente administrativo de incumprimento de condicións de subsidiación ó tipo de xuro ó abeiro do Decreto 400/1992, do

30 de decembro, e o convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas publicado no DOG nº 59, do 29 de marzo de 1993.

Resolucións desestimatorias de recurso ordinario e liquidación de débeda.

Expediente nº: 1/93.2091.N.0373.N.642242.

Titular: Electri, S.L. rúa da Barreira, 24. 15960 Ribeira (A Coruña).

Importe que hai que reintegrar: 143.773 ptas.

Domicilio de pagamento: conta do Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia en Caixa Galicia nº 2091 0300 47 311006317/2.

Contra a dita resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación do presente anuncio.

Resolucións de modificación de concesión de subsidiación ó tipo de xuro.

Expediente nº: 1/93.2091.N.0373.N.642242.

Titular: Electri, S.L. rúa da Barreira, 24. 15960 Ribeira (A Coruña).

Puntos de subsidiación: 1,5.

Contra a dita resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes desde a publicación do presente anuncio.

As resolucións obxecto da presente notificación non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 30 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Infórmase que o expediente completo se atopa na Unidade de Liquidacións da Área de Incentivos do Instituto Galego de Promoción Económica (r/ Frei Rosendo Salvado, nº 16, Santiago de Compostela).

O que se fai público para efectos do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

8631