Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración dun microscopio cirúrxico para o Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo. (SCC.-45/1997). Lote único.

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: equipamento dun microscopio cirúrxico para o Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo. (SCC.-45/1997). Lote único.

Orzamento: 18.000.000 de ptas., IVE incluído.

Fianza provisional: 360.000 ptas.

Fianza definitiva: 720.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: dous meses.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1 a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas do equipo ofertado: ata 70 puntos.

2. Prezo do equipo: ata 10 puntos.

3. Características do servicio de asistencia técnica e mantemento do equipo: ata 15 puntos.

4. Posibilidade de incorporar no futuro ós equipos melloras tecnolóxicas sen cargo adicional para o usuario: ata 5 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo

sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

8297