Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

ANUNCIO.

Dada conta do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Fornelos de Montes polo Pleno do Concello na sesión ordinaria celebrada o 25-9-1997, sométese a información pública nas oficinas municipais por prazo dun mes, en horario de 9 a 13 horas, mediante anuncio no DOG e nun xornal dos de maior circulación na provincia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes, de conformidade co artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, quedando o expediente de manifesto na dependencia de secretaría ó dispor do público, significando que o prazo de exposición pública se entende aberto desde a súa publicación ata o remate do prazo dun mes, contado desde o derradeiro anuncio.

Fornelos de Montes, 16 de outubro de 1997.

Serafín A. Martínez Martínez

Alcalde

8267