Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.330

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de outubro de 1997 pola que se autoriza o cambio de denominación dunha escola de educación infantil e dous colexios de educación infantil e primaria.

Tendo en conta o artigo 8º do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que nos anexos se relacionan.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Cambados.

Localidade: Cambados.

Código do centro: 36019773.

Denominación: Escola de Educación Infantil de Cambados.

Nova denominación: Escola de Educación Infantil da Pastora.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Ponteareas.

Localidade: Ganade.

Código do centro: 36007266.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Ganade.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Santa Lucía de Ganade.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Sanxenxo.

Localidade: O Cruceiro.

Código do centro: 36008878.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Vilalonga.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Cruceiro.

8998